Orientacións

Teño que facer algún rexistro?
Este wiki mantén aberta a edición, polo que non precisas rexistro para crear a túa propia páxina, editala e subir arquivos.

A onde teño que ir?
Para comezar, crea unha páxina persoal (ou máis), segundo necesites para o teu proxecto. Ponlle o teu nome á páxina, para recoñecer logo o teu labor. Faino desde o menú da dereita (Engadidos > escribes o nome na caixa > nova páxina).
Despois, utilizarás as etiquetas (tags) ao editar para deixar constancia do xénero e do tema cos que traballas.

Como edito?
Cando entres de novo no wiki, busca a túa páxina nos Borradores do menú lateral, accede e logo preme en edit ou no teclado Ctrl+e. Engade ou modifica ao xeito e garda (abaixo, en save) cando remates. Se tes dúbidas co editor, consúltaas.
Se queres subir algún arquivo (texto, imaxe…) preme en files (ao fondo) e logo en Upload a file…. A continuación poderás escoller ficheiro no teu computador.

Unless otherwise stated, the content of this page is licensed under Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 License